Francisco Pérez Porto: «O labor dos alfareiros de Buño fixo que eu me namorase da cerámica» 28 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h. A Francisco Pérez Porto gústalle lembrar que naceu no lugar do Penedo, na parroquia fenesa de Barallobre, territorio sempre tan vinculado á memoria do seu pai, o poeta Xosé María Pérez Parallé. «A figura do meu pai, todo o seu exemplo de vida, sempre foi excepcionalmente importante para min. E segue sendo unha referencia. Meu pai -subliña Pérez Porto- non só foi un gran poeta, un escritor ao que por desgraza aínda non se lle recoñeceu a súa auténtica dimensión literaria, senón que sobre todo foi un home bo e xeneroso, que traballou incansablemente, e de xeito desinteresado, polo ben de todos, polo ben común. Ao longo da miña vida quixen, e quero, facer as cousas como el as faría».