Seguir a senda das figuras ilustres que fixeron o Camiño
A mostra do Centro Social Aurelio Aguirre ensalza ós peregrinos máis notables da historia
O descubrimento da tumba do Apóstolo foi esencial na consolidación da pregrinaxe a Compostela, que trouxo á cidade a figuras excepcionais: así o recolle a exposición
Peregrinos Ilustres e Literatura no Camiño, inaugurada hoxe no Centro Social Aurelio Aguirre, en Conxo. Preto de 40 láminas recollen a historia daqueles personaxes que visitaron Santiago de Compostela ao longo dos séculos e se postraron ante o sepulcro.
Alfonso Freire é o coordinador desta exposición deseñada por Lúdica7, onde tamén se explora a ampla literatura sobre o Camiño, recollendo a historia dos literatos, poetas e xograres que exaltaron a peregrinaxe.