Peregrinación e literatura, unha viaxe polo Camiño
Figuras como García Lorca, Cervantes ou Paulo Coelho conforman as letras do percorrido pola Ruta Xacobea SANTIAGO. Inauguración da colección ‘Peregrinos ilustres e Literatura do Camiño’, no barrio de Conxo
Dende onte, o Centro Social Aurelio Aguirre de Conxo acolle nas súas instalacións a colección
Peregrinos Ilustres e Literatura do Camiño. Segundo o seu coordinador, Alfonso Freire, esta pretende resumir, con moita dignidade, 10 séculos de peregrinación, especialdende o achado da sepultura do Apóstolo Santiago.
Foron reis, raíñas, príncipes e nobres, comezando por Afonso II, os que seguiron o Camiño. Entre eles, Afonso III, Ximena Garcés, Ramiro II, Isabel de Aragón viúva do rei don Dinís de Portugal ou Francisco de Asís, quen fundou na cidade o primeiro convento da Orde Franciscana. Tamén os Reis Católicos realizaron a viaxe en 1486, concebindo a idea de crear un hostal de peregrinos de gran
Seguir a senda das figuras ilustres que fixeron o Camiño
A mostra do Centro Social Aurelio Aguirre ensalza ós peregrinos máis notables da historia
O descubrimento da tumba do Apóstolo foi esencial na consolidación da pregrinaxe a Compostela, que trouxo á cidade a figuras excepcionais: así o recolle a exposición
Peregrinos Ilustres e Literatura no Camiño, inaugurada hoxe no Centro Social Aurelio Aguirre, en Conxo. Preto de 40 láminas recollen a historia daqueles personaxes que visitaron Santiago de Compostela ao longo dos séculos e se postraron ante o sepulcro.
Alfonso Freire é o coordinador desta exposición deseñada por Lúdica7, onde tamén se explora a ampla literatura sobre o Camiño, recollendo a historia dos literatos, poetas e xograres que exaltaron a peregrinaxe.