comparemela.com

Page 2 - Roberto Easter News Today : Breaking News, Live Updates & Top Stories | Vimarsana

A compañía Voadora estrea o seu Shakespeare en galego

A compañía Voadora estrea o seu Shakespeare en galego close Cen persoas traballan nesta nova edición da Mostra na que é necesario multiplicar esforzos O conxunto monumental de Santo Domingo foi o escenario elexido para o acto oficial de inauguración da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que reuniu a representantes de distintas institucións locais, provinciais e autonómicas. A alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, e o director do festival, Roberto Pascual, presentaban esta nova edición na que hai que multiplicar esforzos e traballo dada a actual situación sanitaria. Así o apuntaba a concelleira de Cultura, Paula Rodríguez, sinalando que a mostra nesta edición “quere demostrar a necesidade social e económica que existe deste tipo de actividades e da cultura en xeral”. 

Redrum Teatro aborda as novas masculinidades en #2Pilgrims

Redrum Teatro aborda as novas masculinidades en #2Pilgrims Redacción 14 julio 2021 22:42 h. Ensaio de #2Pilgrims. EP A obra, que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, está dirixida por Alex Sampayo, escrita por Fernando Epelde e protagonizada por Guillermo Carbajo e Sheyla Fariña Redrum Teatro estreará o vindeiro 21 de xullo no marco da Mostra Internacional de Ribadavia a súa nova produción: #2Pilgrims. A obra, que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, está protagonizada por Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo. O espectáculo preséntase como unha comedia con grandes doses de absurdo que ten como obxectivo achegarlle a través do humor ao público adolescente unha fonda reflexión sobre as novas masculinidades. Trátase, polo tanto, dunha obra que nace “da necesidade de encher un oco no teatro con espectáculos d

A MIT presenta o libro Tsunami , que recibiu o Premio Abrente

A MIT presenta o libro “Tsunami”, que recibiu o Premio Abrente close 15/jul./21 O autor Marcos Abalde participará no acto, que terá lugar ás 21,00 horas, no salón de plenos de Ribadavia A organización da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia ten previsto hoxe un acto para a presentación do libro “O Tsunami”, que recibiu o 15º Premio Abrente e que foi editado pola Colección Abrente Textos Teatrais-MIT. Editorial Difusora.  O acto terá lugar ás 21,00 horas, no salón de plenos do Concello de Ribadavia, contando coa asistencia do autor Marcos Abalde, o director artístico da editorial, Xosé Lois Vázquez, a concelleira de Cultura, Paula Rodríguez e o director da MIT, Roberto Pascual.

Redrum Teatro aborda as novas masculinidades en #2Pilgrims

Redrum Teatro aborda as novas masculinidades en #2Pilgrims
elprogreso.es - get the latest breaking news, showbiz & celebrity photos, sport news & rumours, viral videos and top stories from elprogreso.es Daily Mail and Mail on Sunday newspapers.

Roberto Pascual, director da MIT de Ribadavia: «O obxectivo é a internacionalización, pero con calidade, non en número»

Cerrar Roberto Pascual, director da MIT de Ribadavia: «O obxectivo é a internacionalización, pero con calidade, non en número» MIGUEL VILLAR 04 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h. Volve a MIT de Ribadavia e faino con máis forza que nunca. Coa internacionalización como bandeira e cunha edición moi reivindicativa: dende o lema que define á Mostra 2021 - A arte marca a diferenza- á temática de moitas das montaxes, pasando por unha aposta decidida pola danza. Roberto Pascual, director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), mantén a liña de traballo a prol das coproducións como unha canle para darlle maior visibilidade á Mostra e segue dando protagonismo ás novas xeracións emerxentes.

© 2025 Vimarsana

vimarsana © 2020. All Rights Reserved.