Cerrar
Roberto Pascual, director da MIT de Ribadavia: «O obxectivo é a internacionalización, pero con calidade, non en número»
MIGUEL VILLAR
04 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
Volve a
MIT de Ribadavia e faino con máis forza que nunca. Coa internacionalización como bandeira e cunha edición moi reivindicativa: dende o lema que define á Mostra 2021 -
A arte marca a diferenza- á temática de moitas das montaxes, pasando por unha aposta decidida pola danza.
Roberto Pascual, director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), mantén a liña de traballo a prol das coproducións como unha canle para darlle maior visibilidade á Mostra e segue dando protagonismo ás novas xeracións emerxentes.