comparemela.com

Latest Breaking News On - Patronage culture galicia - Page 2 : comparemela.com

O Día das Letras homenaxeará en Delgado Gurriarán a súa poesía e o exilio mexicano

O Día das Letras homenaxeará en Delgado Gurriarán a súa poesía e o exilio mexicano RAG 04 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h. O Día das Letras Galegas do 2022 celebrará a poesía de Florencio Delgado Gurriarán, unha figura a través da cal a conmemoración do 17 de maio tamén homenaxeará o labor do exilio mexicano, do que o escritor valdeorrés foi un referente de galeguismo e activismo democrático. A súa candidatura -apoiada por Xesús Alonso Montero, Rosario Álvarez e Ramón Villares- recibiu catorce votos na sesión plenaria de onte da Real Academia Galega, fronte aos catro que sumaron, respectivamente, a de Fiz Vergara Vilariño e a conxunta de Federico García Lorca e Ánxel Casal; houbo, ademais, un voto en branco.

A bordo do Ipanema

A bordo do Ipanema En 1939 o Goberno mexicano presidido polo xeneral Lázaro Cárdenas, coa colaboración do Goberno da República española no exilio e o Servizo de Evacuación de Refuxiados (SERE), fretou tres barcos para transportar familias dende Francia á república americana, a meirande parte delas rescatadas dos campos de concentración onde sobrevivían, logo de fuxir da desfeita da Guerra Civil. Un deses barcos, un cargueiro habilitado para transporte de persoas, era o Ipanema. Nel viaxaba cara ao exilio Florencio Delgado Gurriarán. Hai unha fotografía onde aparecen os refuxiados deitados da cuberta, e unha fermosa crónica da viaxe asinada por unha das fillas dos viaxeiros (Azucena Rodríguez) tirada do xornal que rudimentariamente publicaban a bordo, co nome do propio barco (26 números). Seica cando o paquebote pasou por diante das costas de Fisterra, segundo conta o xornal, os galegos recitaron moi solemnemente poemas, botaron discursos «en su lengua» e cantar

Florencio Delgado é escollido como figura do Día das Letras Galegas

Florencio Delgado é escollido como figura do Día das Letras Galegas A RAG decidiu homenaxear a este autor valdeorrés no que se inclúe tamén un recoñecemento ás achegas dos intelectuais galegos que viviron o exilio mexicano A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2022 a Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, 1903 – Fair Oaks, California, 1987). O Pleno da institución acordou renderlle homenaxe o ano que vén ao autor ourensán, cuxo labor literario e activismo político e cultural constitúen un dos capítulos máis destacados das letras galegas da diáspora. A RAG non só celebrará o excelente poeta que foi, cultivador dun galego enxebre, característico das terras de Valdeorras. A través da súa figura tamén homenaxeará, por primeira vez, a Galicia do exilio republicano en México, país onde o propio Delgado Gurriarán e outros colegas desenvolveron iniciativas sobranceiras que mantiveron vivo o facho da identidade

Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado nun Día das Letras que recoñecerá o labor da intelectualidade galega no exilio

Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado nun Día das Letras que recoñecerá o labor da intelectualidade galega no exilio
praza.gal - get the latest breaking news, showbiz & celebrity photos, sport news & rumours, viral videos and top stories from praza.gal Daily Mail and Mail on Sunday newspapers.

O valdeorrés Florencio Delgado será o protagonista do Día das Letras Galegas 2022

O valdeorrés Florencio Delgado será o protagonista do Día das Letras Galegas 2022
laregion.es - get the latest breaking news, showbiz & celebrity photos, sport news & rumours, viral videos and top stories from laregion.es Daily Mail and Mail on Sunday newspapers.

© 2024 Vimarsana

vimarsana © 2020. All Rights Reserved.