Os mini-pisos son espazos de tamaño reducido, que rondan os 30 metros// En Santiago, podemos atopalos en zonas como San Caetano, Concheiros ou Castiñeiriño, onde as inmobiliarias adoitan vendelos a inversores que máis tarde os alugan por prazos de un ou dous anos TEXTO Xiana Fole Garza Como é vivir nunha caixa de zapatos Imaxe dun dos moitos minipisos que hai en España e nos que case non hai espazo nin para moverse
Máis que debatidas están as condicións “pouco amables” que envolven o negocio do aluguer de pisos a estudantes; do mesmo xeito que a situación vivida durante o confinamento semellou reincidir na importancia dunha vivenda digna. Herdando as malas condicións dos primeiros e ignorando por completo a ensinanza segunda están os mini-pisos: espazos máis semellantes a unha tobeira que a unha casa, que moitas veces non superan os 30 m². Malia todo, a demanda destes recunchos é alta, nun momento de suba xeneralizada dos prezos de aluguer.
Arranxo do pavimento e labores de mantemento en varias rúas
Santiago. Dende onte e ata o martes 13 de xullo procederase a realizar traballos de conservación, mantemento e reparación de pavimentos en varias rúas da cidade. Hoxe as obras afectarán ás rúas de Vedra, Xoana Nogueira, Amor Ruibal, Pintor Laxeiro, Pintor Xaime Quesada e Brión. Serán en horario diurno. Haberá cortes puntuais e desviarase a circulación polos viais alternativos. Hoxe e mañá as rúas afectadas serán Canfranc, baixada da rotonda inferior de Pontepedriña (sentido saída), Vázquez Cacharrón, Josefa García Segret e avenida Fernando Casas Novoa. O xoves, en horario nocturno, procederase ao mantemento de varias rúa do Ensanche: Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Xeneral Pardiñas e avenida de Rosalía de Castro. ecg
Ampliación dos buses ao Gaiás pola vacinación Campaña de vacinación na Cidade da Cultura.
Foto: F. Blanco
SANTIAGO. A empresa de transporte municipal, Tussa, vén de anunciar a ampliación de horario no servizo de transporte público á Cidade da Cultura este fin de semana, con motivo da campaña de vacinación. As liñas implicadas nestes cambios son: Liña 9 (horarios para o sábado 3 de xullo e o domingo 4): saídas de Casas Novas á Cidade da Cultura, de 8.30 horas a 15.30 (cada 60 minutos); saídas da Cidade da Cultura á Casas Novas, de 9.00 a 16.00 (cada 60 minutos). Tamén se pode recorrer á Liña C11. Os sábados as prolongacións á Cidade da Cultura (horas aproximadas por Xeneral Pardiñas) son ás 17.30, 19.45 e 20.00 h; e os domingos e festivos 10.30 / 13.30 / 17.25 e 20.05 h. ECG
Ampliación dos autobuses ao Gaiás pola vacinación elcorreogallego.es - get the latest breaking news, showbiz & celebrity photos, sport news & rumours, viral videos and top stories from elcorreogallego.es Daily Mail and Mail on Sunday newspapers.