Os mini-pisos son espazos de tamaño reducido, que rondan os 30 metros// En Santiago, podemos atopalos en zonas como San Caetano, Concheiros ou Castiñeiriño, onde as inmobiliarias adoitan vendelos a inversores que máis tarde os alugan por prazos de un ou dous anos TEXTO Xiana Fole Garza
Como é vivir nunha caixa de zapatos
Imaxe dun dos moitos minipisos que hai en España e nos que case non hai espazo nin para moverse
Máis que debatidas están as condicións “pouco amables” que envolven o negocio do aluguer de pisos a estudantes; do mesmo xeito que a situación vivida durante o confinamento semellou reincidir na importancia dunha vivenda digna. Herdando as malas condicións dos primeiros e ignorando por completo a ensinanza segunda están os mini-pisos: espazos máis semellantes a unha tobeira que a unha casa, que moitas veces non superan os 30 m². Malia todo, a demanda destes recunchos é alta, nun momento de suba xeneralizada dos prezos de aluguer.