Xabarín Club, Xabier Diaz e Anxo Nogueira, Premios Rebulir 2021 laregion.es - get the latest breaking news, showbiz & celebrity photos, sport news & rumours, viral videos and top stories from laregion.es Daily Mail and Mail on Sunday newspapers.
Unha travesía poética conecta o mundo cultural, político e do mar García, segundo pola esquerda, ao lado de Carmela Silva, seguida de Angueira e o alcalde.
Foto: Sangiao
Foto: Sangiao
Padrón vive un fin de semana cargado de actos lúdicos e culturais ca celebración este sábado do Día do Peregrino e a chegada da travesía marítimo-poética Inchadiña branca vela, ca que xente da cultura, a política e o mar rende homenaxe a Rosalía de Castro. Ademais, vívense as festas do Santiaguiño do Monte.
As embarcacións tradicionais volven este sábado ao río Ulla na homenaxe a Rosalía lavozdegalicia.es - get the latest breaking news, showbiz & celebrity photos, sport news & rumours, viral videos and top stories from lavozdegalicia.es Daily Mail and Mail on Sunday newspapers.
Máis de 330.000 euros para entidades sociais
CONVENIO. A Xunta de Goberno Local aprobou onte convenios de colaboración con 11 entidades sociais por un total de 334.000 euros. Esta cantidade destinaránse fundamentalmente ao financiamento de accións e actividades desenvolvidas polas asociacións e organizacións beneficiarias durante 2021. As entidades beneficiarias son Cruz Vermella, en concreto o seu Servizo Municipal de Atención a Urxencias Socais (100.000 euros) e o Programa de atención a Persoas sen Fogar (85.000 euros), a Fundación Secretariado Xitano (23.000 euros), a Asociación Banco de Alimentos de Santiago (5.000 euros), a Asociación de Loita Contra as Enfermidades do Riñón (4.000 euros), a Asociación Compostelá de Esclerosis Múltiple (9.000 euros), a Asociación de Persoas Sordas de Santiago (10.000 euros), a Asociación Itínera de Voluntarios en Saude Mental (5.000 euros), a Asociación Sarela (3.000 euros) e o Centro Social Xoán XXIII de Santiago (60.000
Reviviu a Casa de Rosalía cos artistas de Abride a Fiestra
Kiko da Silva, Suso de Toro, Berlai e Uxía son algunhas das figuras que estiveron en Padrón O artista Kiko da Silva debuxa a Rosalía de Castro na horta da Casa da Matanza.
Foto: C.R.
A Casa de Rosalía acolleu durante a xornada de onte a un total de 150 persoas, o límite máximo establecido, que se achegaron ata Padrón para desfrutar da terceira edición do festival Abride a Fiestra. Unha proposta que desenvolveu a Fundación Rosalía de Castro e que acolleu diferentes manifestacións culturais que tiveron a Rosalía como figura central.