Reviviu a Casa de Rosalía cos artistas de Abride a Fiestra
Kiko da Silva, Suso de Toro, Berlai e Uxía son algunhas das figuras que estiveron en Padrón O artista Kiko da Silva debuxa a Rosalía de Castro na horta da Casa da Matanza.
Foto: C.R.
A Casa de Rosalía acolleu durante a xornada de onte a un total de 150 persoas, o límite máximo establecido, que se achegaron ata Padrón para desfrutar da terceira edición do festival Abride a Fiestra. Unha proposta que desenvolveu a Fundación Rosalía de Castro e que acolleu diferentes manifestacións culturais que tiveron a Rosalía como figura central.