O apego de Laxeiro pola cultura popular, nun conto para Farruco
Por Sonia Portela
PACO RODRÍGUEZ
O humorista compostelán recibiu do pintor ese obsequio despois de convidalo a facer o cartel do Día das Bandas de 1980
24 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
s Bernal,
Farruco, (Santiago, 1949) é coñecido pola súa faceta de humorista e actor, mais na súa andaina tense somerxido en máis vertentes do mundo cultural. Foi o seu apego pola música popular o que o impulsou a organizar, no marco das Festas do Apóstolo, unha xornada de homenaxe ás bandas de música galegas, na que distintas agrupacións se reunían para tocar xuntas e gozar dunha comida de confraternidade. Durante 31 anos, desde 1979, o coñecido como Día das Bandas foi unha das citas máis agardadas para os composteláns nas Festas do Apóstolo. Farruco, firme defensor do talento galego, implementou a norma de que os carteis que anunciasen o evento debían ser realizados «polos pinceis máis egrexios de Galicia». Foi así como nunha tarde de principios de xuño de 1980 se citou co recoñecido pintor lalinense