Live Breaking News & Updates on Rodriguez Joseph Luis
Stay updated with breaking news from Rodriguez joseph luis. Get real-time updates on events, politics, business, and more. Visit us for reliable news and exclusive interviews.
O apego de Laxeiro pola cultura popular, nun conto para Farruco Por Sonia Portela PACO RODRÍGUEZ O humorista compostelán recibiu do pintor ese obsequio despois de convidalo a facer o cartel do Día das Bandas de 1980 24 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h. s Bernal, Farruco, (Santiago, 1949) é coñecido pola súa faceta de humorista e actor, mais na súa andaina tense somerxido en máis vertentes do mundo cultural. Foi o seu apego pola música popular o que o impulsou a organizar, no marco das Festas do Apóstolo, unha xornada de homenaxe ás bandas de música galegas, na que distintas agrupacións se reunían para tocar xuntas e gozar dunha comida de confraternidade. Durante 31 anos, desde 1979, o coñecido como Día das Bandas foi unha das citas máis agardadas para os composteláns nas Festas do Apóstolo. Farruco, firme defensor do talento galego, implementou a norma de que os carteis que anunciasen o evento debían ser realizados � ....