Rosalía en Bonaval
CÚMPRENSE 130 anos do traslado dos restos mortais de
Rosalía de Castro desde o cemiterio de Adina en Iria Flavia (Padrón) ata o mausoleo erixido na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.
A crónica desta traslatio recolleuna, coa retórica propia da época, La Patria Gallega, un 30 de maio de 1981. Pasaran case seis anos desde o pasamento da poeta e o cadaleito, intacto, foi trasladado en tren desde Padrón á vella estación de Cornes.
Unha procesión popular acompañou ás autoridades civís e eclesiásticas desde o cemiterio de Adina ata a estación de Padrón, mesturando saloucos e responsos. Tamén a estación de Cornes estaba ateigada, non só polas autoridades e representacións da sociedade civil, senón por un nutrido público que desexaba acompañar a Rosalía no seu derradeiro tránsito polas rúas compostelás.
arte xacobea. O tríptico do autor compostelán recolle as tradicións do Apóstolo Santiago en terras galegas, como a predicación no Monte Santiaguiño de Padrón // O cadro foi pintado na cidade de Roma durante o Ano Santo de 1897 TEXTO Xiana Fole A obra de Modesto Brocos, entre os tesouros da Catedral Modesto Brocos, pintando, nunha imaxe que se garda no Arquivo da Biblioteca Nacional de Río de Janeiro, a súa cidade de adopción
Dende Rubens ata Rembrandt, Murillo ou Alonso Cano: non son poucos os autores que representaron ao Apóstolo Santiago ao longo da tradición pictórica. De entre a colección que alberga a Catedral de Santiago de Compostela cabe destacar un tríptico da mesma temática; unha obra de Modesto Brocos que, malia o seu valor, resulta menos coñecida.