A compañía Voadora estrea o seu Shakespeare en galego
close Cen persoas traballan nesta nova edición da Mostra na que é necesario multiplicar esforzos
O conxunto monumental de Santo Domingo foi o escenario elexido para o acto oficial de inauguración da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que reuniu a representantes de distintas institucións locais, provinciais e autonómicas. A alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, e o director do festival, Roberto Pascual, presentaban esta nova edición na que hai que multiplicar esforzos e traballo dada a actual situación sanitaria. Así o apuntaba a concelleira de Cultura, Paula Rodríguez, sinalando que a mostra nesta edición “quere demostrar a necesidade social e económica que existe deste tipo de actividades e da cultura en xeral”.