Rosalía en Bonaval
CÚMPRENSE 130 anos do traslado dos restos mortais de
Rosalía de Castro desde o cemiterio de Adina en Iria Flavia (Padrón) ata o mausoleo erixido na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.
A crónica desta traslatio recolleuna, coa retórica propia da época, La Patria Gallega, un 30 de maio de 1981. Pasaran case seis anos desde o pasamento da poeta e o cadaleito, intacto, foi trasladado en tren desde Padrón á vella estación de Cornes.
Unha procesión popular acompañou ás autoridades civís e eclesiásticas desde o cemiterio de Adina ata a estación de Padrón, mesturando saloucos e responsos. Tamén a estación de Cornes estaba ateigada, non só polas autoridades e representacións da sociedade civil, senón por un nutrido público que desexaba acompañar a Rosalía no seu derradeiro tránsito polas rúas compostelás.
El sacerdote Francisco José Prieto, nombrado obispo auxiliar de Santiago de Compostela cope.es - get the latest breaking news, showbiz & celebrity photos, sport news & rumours, viral videos and top stories from cope.es Daily Mail and Mail on Sunday newspapers.