Stay updated with breaking news from Couple rivas. Get real-time updates on events, politics, business, and more. Visit us for reliable news and exclusive interviews.
Et Suseia,un albergue de estilo xaponés no Camiño de Santiago a Muxía Liteiras-cubículo que garanten a privacidade. Foto: Albergue Et Suseia Foto: Et Suseia Foto: Et Suseia Foto: Et Suseia O Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía comeza a recobrar a vida despois dos meses máis duros da pandemia e do confinamento. Os peregrinos xa se deixan ver e, para recibilos como se merecen, a oferta de aloxamentos nesta ruta cara o finisterrae segue medrando en cantidade e calidade. Nos vindeiros días, entre o 10 e o 15 de xullo, está previsto que abra as súas portas o Albergue Es Suseia, no lugar de Pedrajás, punto de paso do Camiño de Santiago a Muxía, entre Quintáns e San Martiño de Ozón. Non é un aloxamento de peregrinos tradicional, xa que está inspirado no lonxano Xapón, e máis concretamente nos seus hoteis de cubículos. ....