Lembranzas da infancia MOITAS das conversas con amigos arredor dunhas cervexas (que seguimos botando de menos pola situación COVID) facíannos regresar ós momentos da infancia. Nunha tarde de cafés e confidencias sobre a nosa vida a miúdo regresabamos á época na que, coma cativos, o maior desfrute eran os debuxos animados (protagonizados polos personaxes que marcaron eses anos da nenez) e as lambetadas ás que hoxe tampouco nos podemor resistir vendo unha serie de Netflix. Unha desas iconas da infancia que nunca poderán desaparecer para min é a do rato Mickey Mouse, da factoría Disney. A día de hoxe sigo fascinándome coa imaxe dese personaxe (e, confeso, mercando roupa coa estampaxe da súa silueta ou a da súa moza,