Fisterra, Malpica, Corcubión e Cee están entre os dez concellos con máis incidencia acumulada en 14 días e tamén Sada, Oleiros e a propia cidade da Coruña superan os 750 casos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas. Nas últimas tres semanas 60 persoas morreron en Galicia por mor da COVID, pero o pico hospitalario da quinta vaga da pandemia semella ter sido superado