Escenarios do sur lucense para filmar a Galicia de antano
Filmación dunha escena de A rabia ante a coñecida igrexa románica de San Pedro Fiz de Hospital, no municipio do Incio
A película «A rabia», rodada no Incio, Folgoso do Courel e Bóveda, recrea o mundo rural de principios do século XX
16 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
A rabia, unha curtametraxe dirixida por
Alberto Díaz que recrea a Galicia rural de principios do século pasado. O guión do filme baséase en parte en feitos reais vividos por unha bisavoa do director na parroquia de Martín -en Bóveda, de onde é natural o cineasta- e a historia ten unha certa relación coa situación actual. «Un irmán da protagonista da película é mordido por un lobo que lle transmite a rabia», explica o director. «Ao escribir o guión, en plena pandemia, pareceume interesante facer unha reflexión sobre a dureza da vida neses tempos e sobre como se padecían as enfermidades nesa época en comparación coa nosa», engade.