vila lousamiá con accións Ebru Karaca e Dilara Güven impartirán un curso de actividades de tempo libre en inglés // Participan nun proxecto de voluntariado Outeiral e Agrafojo coas voluntarias turcas durante a presentación da iniciativa. Foto: C. L. O Concello de Lousame convoca un novidoso curso gratuíto de actividades de tempo libre que será impartido totalmente en inglés por Ebru Karaca e Dilara Güven, as dúas voluntarias turcas chegadas a través do proxecto europeo Actividades interxeracionais de voluntariado. Unha iniciativa que foi presentada hai uns días pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo; o técnico de Voluntariado de Lousame, Xosé Manuel Outeiral; e as propias Ebru Karaca e Dilara Güven.