Auditorio de Galicia 1993-2000 Santiago de Compostela é unha simbiose de advocación e topónimo que antes da democracia estaba pracidamente aletargada. Coas corporación democráticas foi espertando un perfil urbano cheo de proxectos e de cultura que converteron a cidade nunha factoría pola que circulaba unha corrente inédita de ideas e persoas. Unha data clave é 1991, a constitución do Real Patronato de Santiago, que foi posible porque o Estado e a Xunta se implicaron institucional e económicamente no empeño do Concello. O resultado foi a creación do Consorcio de Santiago e a execución dos obxectivos do planeamento, desenvolvendo o plan de infraestruturas e equipamentos como marco das políticas urbanas.