“Hai que pensar en clave de Re para tocar a melodía destes tempos: rehabilitar, reformar, reciclar...” A arquitecta e única española na dirección da Unión Internacional de Arquitectos, Teresa Táboas, nunha foto recente. A doutora en Arquitectura galega Teresa Táboas acaba de entrar no órgano de dirección que guía ós arquitectos do mundo. Foi decana do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia –a primeira muller en acceder ó cargo– e conselleira titular do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España a principios do século XXI. A tamén exconselleira de Vivenda da Xunta (2005-2009) foi elixida agora como integrante do consello da Unión Internacional de Arquitectos (UIA). É a única española entre catro europeas e atende esta chamada desde as súas ‘trabacacións’: posto que segue a traballar a ratos no seu lecer. Avanza que o momento que afrontan ten grandes retos.