A Mariña brinda música, danza, monicreces e alfombras florais La Voz VIVEIRO / LA VOZ
25 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
A Mariña e o Occidente de Asturias brindan este domingo unha ampla programación cultural e de ocio. Por exemplo, en Vegadeo celébrase o Mercado de Santiago, con medio cento de expositores de artesanía e produtos agroalimentarios no parque do Medal. Pola tarde hai actividades para nenos. E tamén no Occidente, en Castropol, poderá verse a alfombra mundial do Xacobeo, no altar maior da igrexa de Santiago. Desta iniciativa tamén participan Viveiro (coa Hermandad de Mujeres de La Santa Cruz), coa alfombra que se confeccionará na Praza Maior, co acto central ás 12.00 horas e a actuación de gaiteiros de Bágoas da Terra; Trasbar, en Cervo, xunto ó local social; e Tapia de Casariego, na praza da igrexa.