comparemela.com

Latest Breaking News On - Woman virtues - Page 1 : comparemela.com

Viaxe arredor dos tebeos

Viaxe arredor dos tebeos Cando se ten uso de razón, que por aqueles anos, era pola primeira comunión, meus pais sacáronme de sor Julita e leváronme á pasantía de dona Virtudes e a señorita Victoria. Do colexio das Orfas, grande, tenebroso e cun patio con pérgola, pasei a un coarto nunha planta baixa dunha casa da praciña, onde cabían cinco mesas para os alumnos, unha mesa de braseiro para dona Virtudes e outra pequeniña para a señorita Victoria. Dona Virtudes era grande, miope, e movía con lentitude as súas arrobas, deixando ó seu paso un arrecendo de colonia. Alí preparábanos para o exame de ingreso no instituto. A pasantía tiña moita sona. Dirixíaa, disque, unha mestra “apartada” que non sabiamos o que era e que gozaba de moito crédito, reputación e honorabilidade entre a xente. Entrabamos ás nove e media e se chegabas tarde tiñas que petar no cristal da ventá e un de nós, co permiso da profesora, saía abrir a porta. No zaguán, un tapiz

© 2025 Vimarsana

vimarsana © 2020. All Rights Reserved.