O neofalantismo do galego, eido dunha investigación dixital
Xunta e USC lanzarán un proxecto que vai favorecer a creación de comunidades virtuais MOCIDADE. Unha rapaza falando por skype cunha tablet na rúa.
Foto: qqq.pixabay.com
O Consello da Xunta da hoxe o visto e prace a dúas iniciativas que suporán afondar na investigación e divulgación do uso da lingua galega.
Por unha banda, a Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) colaborarán nun proxecto que usará as tecnoloxías para avanzar no estudo do neofalantismo. En concreto, analizarán como está a ser o proceso de incorporación de uso do galego por parte das persoas que tiveron o castelán como primeira lingua. Por outro lado, o Consello da Xunta tamén deu luz verde a un convenio para impulsar a docencia, investigación e promoción da lingua e cultura galegas na Universidade de Granada, no marco dos convenios periódicos da Xunta con distintas universidades españolas e estranxeiras para promov