Frades recuperou o seu verán tradicional pero con seguridade
Volven as excursións, o cine ao aire libre, as propostas deportivas e as actuacións musicais Imaxe do Día do Neno do ano anterior.
Foto: C. Frades
Cos meses de verán chegan tamén as vacacións escolares e é por iso que o Concello de Frades ten xa deseñado un amplo programa de actividades dirixidas especialmente para os nenos e nenas. Unhas propostas coas que se recuperan todas as iniciativas tradicionais de edicións anteriores pero que se desenvolverán dacordo coas recomendacións das autoridades sanitarias para facer fronte á pandemia, e coa obriga de realizar inscrición previa no Concello de Frades (981 695 567 ou 981 695 663) en todas as actividades. A excepción das excursións, son todas de balde.