comparemela.com

Latest Breaking News On - War lime - Page 1 : comparemela.com

A Galicia de Lorca e Alberti, ilustrada por Seoane - Faro de Vigo

Sen dúbida quen mellor ilustra, en senso literal e figurado, as fecundas relacións de Lorca e Alberti con Galicia é Luís Seoane. Compartiron a consideración e importancia da cultura popular como fundamento da auténtica libertade e dun novo humanismo. Por este motivo observaban os tres, naquel tempo republicano, con preocupación a separación histórica entre a cultura popular e a cultura académica onde desentrañar a poesía oral que malvive oculta en numerosas manifestacións, encaixaba tamén no seu afán de liberdade, de liberar as culturas marxinadas e invisibilizadas.

Lorca e Casal nas Letras Galegas - Faro de Vigo

Lorca e Casal nas Letras Galegas 28·06·21 | 04:00 Entre García Lorca e Galicia flúen canles de comunicación secreta. Ánxel Casal, a figura central da edición en galego anterior á Guerra Civil, sacou á luz en Nós, ano 1935, os Seis Poemas Galegos do autor de “Romancero Gitano”. Os fíos sutís da memoria técense e non se destecen doadamente. Por exemplo: na mesma imprenta e editorial Nós viron a luz, en 1932 e en 1933, os dous primeiros libros poéticos de Álvaro Cunqueiro. No segundo deles, “Cantiga nova que se chama Riveira”, vén, en frontispicio, este poemeto: “Amor de auga lixeira, /muiñeira./ Amor de auga tardeira, / riveira. / Amor de auga frolida, / cantiga. / Amor de auga perdida, / ña amiga.” No libro “Canciones”, publicado por Lorca en 1936, lemos: “Cipreses / (Agua estancada). / Chopos /(Agua cristalina). / Mimbre / (Agua profunda). / Corazón, / (Agua de pupila)”. A proximidade en

© 2024 Vimarsana

vimarsana © 2020. All Rights Reserved.