O estratéxico no Día da Patria Galega
Manuel Mera | miércoles, 21 de julio de 2021, 00:00
A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala (IF), do 25 de xullo de 1920, facía un chamamento a que “non houbese fogar galego, aldeán ou vilego, que deixase de exteriorizar o seu patriotismo no Día de Galicia”. Na editorial falábase de nación e patria. Nesta data así como nun artigo de Vitor Casas facíase mención a que “pola derradeira Asembreia qu’en Compostela xuntou ós nacionalistas, foi acordado facer “Día da Patria” o 25 do mes de Santiago”. Nesta xuntanza do ano 1919, a segunda, as Irmandades acordaron propostas como a igualdade absoluta política e civil da muller. Lembrouse a Antolín Faraldo (figura destacada da Revolución de 1846 e antecedente da loita de Galiza como colonia da Corte).