A vela volve traer medallas a Galicia: Nico Rodríguez, bronce en Toquio Hemeroteca martes 3, agosto 2021
Rodríguez e Xammar completan un palmarés histórico en catro anos: dous bronces en unha prata en Mundiais e dúas pratas e un bronce nos Europeos
A vela trouxo para Galicia outra medalla olímpica. Logo dun ciclo olímpico de cinco anos cargado de títulos, o vigués Nico Rodríguez, xunto ao catalán Jordi Xammar, pechou cun bronce na clase 470 un traballo que empezara aló por 2016.
O quinto posto acadado polos regatistas na
medal race deste mércores na bahía de Sagami abondou para manter posto de podio e acadar o obxectivo polo que tanto tempo levan loitando, tras os barcos de Australia e Suecia.
Terceira medalla para Galicia: o vigués Nico Rodríguez, bronce na clase 470 de vela | Noticias de Galicia
crtvg.es - get the latest breaking news, showbiz & celebrity photos, sport news & rumours, viral videos and top stories from crtvg.es Daily Mail and Mail on Sunday newspapers.
«Lío en Tokio» en forma de medalla de bronce de Nico Rodríguez
lavozdegalicia.es - get the latest breaking news, showbiz & celebrity photos, sport news & rumours, viral videos and top stories from lavozdegalicia.es Daily Mail and Mail on Sunday newspapers.
Publicado o 03/08/2021 08:07
Agárdanos outro final emocionante para a clase 470 de vela co barco español en que está o vigués Nico Rodríguez ocupando o terceiro posto, a catro da prata e con seis puntos de marxe sobre a cuarta posición.
A novena e décima regatas tiveron os españois Rodríguez e Xammar nos postos altos (5º e 7º posto), pero viron como os suecos remontaban na loita pola prata ao completar unha xornada perfecta (3º e 1º posto).
No máis alto mantéñense os australianos, aos que xa é imposible quitarlles o ouro. A clasificación chega deste xeito á Medal Race: Australia 21 puntos, Suecia 41 puntos, España 45 puntos, Nova Zelandia 51 puntos e Gran Bretaña 54 puntos.