O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou onte unha nova edición do programa de dinamización da lingua galega FalaRedes 2.
O seu autor, Aleksandr Dziuba, é profesor na Escola Oficial de Idiomas da Coruña COLABORACIÓN. Pola esquerda, Aleksandr Dziuba, Valentín García e Elena Zernova na presentación.
Foto: ECG
Santiago. A Xunta de Galicia presentou onte o primeiro dicionario galego-ruso nunha rolda de prensa na que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o autor, Aleksandr Dziuba, profesor e auxiliar de conversa na Escola Oficial de Idiomas da Coruña.
O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade agradeulle a Dziuba a colaboración “para poñer en marcha esta ferramenta novidosa que constitúe unha importante achega lexicográfica que afianza o vínculo entre o galego e o ruso e que incide, ademais, na proxección internacional e no coñecemento da lingua propia de Galicia”.
Emoción na tradicional misa votiva por Rosalía
A homilía estivo presidida polo bispo auxiliar e, entre outros, asistiron o vicepresidente segundo e dous conselleiros
Doce anos leva o Foro Galicia Milenio- que preside o catedrático de filosofía da USC Marcelino Agís Villaverde– organizando a misa en lembranza de Rosalía de Castro e a posterior ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres na Igrexa de San Domingos de Bonaval. Hai que viaxar ata o ano 1932 cando os dous vellos galeguistas composteláns: Xosé Mosquera Pérez e Manuel Beiras García comezaron a preparar o histórico acto.
Unha travesía poética conecta o mundo cultural, político e do mar García, segundo pola esquerda, ao lado de Carmela Silva, seguida de Angueira e o alcalde.
Foto: Sangiao
Foto: Sangiao
Padrón vive un fin de semana cargado de actos lúdicos e culturais ca celebración este sábado do Día do Peregrino e a chegada da travesía marítimo-poética Inchadiña branca vela, ca que xente da cultura, a política e o mar rende homenaxe a Rosalía de Castro. Ademais, vívense as festas do Santiaguiño do Monte.
A Ínsua dos Poetas acolleu unha función sobre o “Camiño de Nós”
close 25/jul./21 A representación trata o final da primeira etapa da peregrinaxe a Compostela de sete intelectuais da “Xeración Nós”
A Ínsua dos Poetas acolleu no día de
onte unha adaptación teatral do primeiro tramo da viaxe que realizaron a Compostela, en xullo de 1926, sete intelectuais da Xeración Nós. Esta representación conmemora o 95 aniversario desta peregrinaxe que fixeron Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Alfonso Vázquez Monxardín, Lois Feixóo, Antón Sánchez e Xavier Pardo.