España precisa unha lei de pandemias Encarna Amigo Díaz DEPUTADA E VOCEIRA DE SANIDADE DO GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
Galicia conta desde o pasado mes de febreiro cunha
lei específica para facer fronte e dar resposta coas máximas garantías xurídicas a un problema sanitario de primeira orde como son as pandemias. Dotámonos dunha normativa propia, actualizada e moderna, capaz de cubrir o baleiro que existe na lexislación ordinaria nacional e que nos ofrece novas ferramentas para afrontar este reto coa forza e regulación necesaria. Inexplicablemente, o Goberno de Pedro Sánchez decidiu recorrer esta nova lei, sen antes abrir un proceso de diálogo ou convocar unha