Catro espectáculos na estrea do Festival Atlántica
FUNCIÓNS GRATUÍTAS. Mañá, 1 de xullo, comeza oficialmente a novena edición do Festival Atlántica, que se prolongará ata o día 11 deste mes e que programa máis de 80 funcións gratuítas en 27 concellos de toda Galicia. No tocante a Santiago, a primeira xornada estará protagonizada por tres espectáculos para nenos e un para adultos, das artistas Eugenia Manzanera, Charo Pita e Marta Ortiz. O programa comezará ás 11 horas coa
Galicia máxica de Marta Ortiz no Monte Viso. Ao longo destes días vanse xuntar en Galicia unha trintena de contadores procedentes de Guinea Ecuatorial, Brasil ou Portugal, Zamora, Salamanca, Guadalaxara e, por suposto, Galicia. Unha novidade deste ano son os espectáculos en espazos de gran valor patrimonial. Haberá contos en lugares como as Torres de Altamira, en Brión, ou no curro de Sabucedo, ou no Castelo de Castrodouro, en Alfoz, por citar algúns. REDAC.