Noelia Solleiro: «Galicia é a mellor terra do mundo, e merecía unha canción á altura» elena carrera REDACCIÓN / LA VOZ
25 jul 2021 . Actualizado a las 09:42 h.
Neste verán atípico, era máis necesario que nunca un pouco de sensación festiva. Por iso o certame da
Canción do verán, que, como cada ano, premia o tema que a Televisión de Galicia considera como o mellor himno dos meses de calor, non podería chegar en mellor momento.
A gañadora desta edición é
Noelia Solleiro, compositora e intérprete do tema
Vive Galicia. A canción é toda unha homenaxe á terra natal da intérprete, como ela mesma quere destacar.