Dúas ourensás gañan un premio de microrrelatos
close 29/jun./21
Alba Guzmán e Paloma de Toro recolleron cadanseu galardón nun acto celebrado na sé da Real Academia Galega
A Real Academia Galega (RAG) e PuntoGal entregaron onte os premios do IV Concurso de microrrelatos a nove historias de menos de 1.200 palabras. As gañadoras das categorías xuvenil e de adultos son dúas ourensanas: Alba Guzmán e Paloma de Toro, respectivamente. O propósito destes premios é reforzar a presenza da lingua e da identidade propias. Os presidentes de ambas institucións, Víctor F. Freixanes e Manuel González entregaron os galardóns nun acto celebrado na sé da RAG.