No Museo Ramón Cabanillas (Cambados)
Espazos para unha figura central da cultura de noso
Perspectiva da Casa-Museo, en Cambados Vén de ser inaugurado en Cambados, a vila natal do poeta,
o Museo Ramón Cabanillas. O novo espazo museístico, que conta coa dirección e deseño de
Pepe Barro, ofrece unha proposta moi atractiva que incide nun ollar plural sobre a personalidade do escritor, que se proxecta sobre a cultura e sociedade galega do período histórico que lle tocou vivir. O deseño expositivo parte da mesa onde o poeta traballou nos anos finais da súa vida e articúlase a partir de doce palabras coas que se realiza o achegamento ao personaxe: