Formación adaptada ao COVID para adultos e nenos en Bertamiráns
Os cursos comezaron o día 28 de xuño e prolongaranse ata o 22 de xullo coa intención de dotar a maiores e pequenos de coñecementos aplicables ao día a día Foto de arquivo dun curso realizado na aula CeMIT que ten o concello de Ames en Bertamiráns.
Foto: C.A.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames, ubicada na casa da cultura de Bertamiráns, está a impartir cursos de carácter telemático para todos aqueles veciños que garden interese nalgún deles. O obxectivo principal de dita aula é facilitar o acceso dos cidadáns amienses ás actividades programadas e dotalos de coñecementos aplicables ao día a día.