José Martínez Dieste, un noiés de Boiro que case toca o ceo do fútbol Antón R. Gallardo
Tivo unha brillante carreira deportiva dende mediados dos 40 e na década dos 50
03 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
Unha vez pechada a ruín etapa do fútbol da Falange e os combinados ocasionais de Escarabote e Bealo, vixente no inicio da posguerra e o franquismo, os anos 50 abriron novos horizontes para o fútbol boirense. As primeiras experiencias na competición oficial, grazas á U. D. Amanecida e ao Barraña F. C., e as traxectorias dos mellores valores da canteira barrañista, visibilizadas cada semana nas páxinas deportivas dos xornais, contribuíron a que a práctica do fútbol se xeneralizara por todo o concello durante a segunda metade da década. Aínda sen proceder da canteira local, houbo un xogador que tamén contribuíu a que isto sucedera. Referímonos a