María Xesús Nogueira: «Agardamos que Xela Arias teña máis presenza agora que a obra é accesible»
ALBERTO LÓPEZ
«Xela Arias. A literatura e a vida, por elección» recupera textos poucos coñecidos, afirma a coordinadora do libro publicado pola USC
05 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
Ofrecer unha visión «o máis plural e ampla posible» sobre Xela Arias. Esa foi a pretensión da profesora da Universidade de Santiago María Xesús Nogueira Pereira á hora de afrontar o libro dedicado á autora homenaxeada polo Día das Letras Galegas,
Xela Arias. A literatura e a vida, que foi editado polo Servizo de Publicacións da USC. Un traballo que ao longo das súas páxinas recolle múltiples achegas para abordar as diferentes facetas da escritora, pero no que tamén se recompilan textos pouco accesibles e coñecidos e se reflicte a pegada que tivo nas seguintes xeracións de poetas.