Volve a case todos os peiraos de Área a pesca recreativa
Portos prohibe a actividade en Quenxe, Testal e Ribeira // O cambio normativo non entra en vigor ata a publicación da resolución no DOG Protesta no porto de Laxe cando lles prohibiron pescar en novembro de 2020.
Foto: ECG
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a traballar nun cambio normativo que permitirá levantar a prohibición da pesca non profesional en superficie nos peiraos en 106 das 122 dársenas de titularidade autonómica. Así o explicou este martes a presidenta do ente público, Susana Lenguas, nunha resposta a unha pregunta na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo no Parlamento galego.