Publicado o 30/07/2021 08:46
A selección de balonmán perdeu por 37-31 diante de Francia no que é a primeira derrota do equipo de Jordi Ribera. Rodrigo Corrales foi titular, pero non puido deter o ataque francés, moi efectivo na primeira metade (18-12 ao descanso).
España notou a ausencia en defensa do mancado Viran Morros e en ataque atopouse cun muro no porteiro Vincet Gerard. A segunda metade foi máis equilibrada pero con Francia mantendo unha marxe de seguridade que lle permitiu levar o partido.
España é segunda e precisa un triunfo na última xornada diante da pechacancelas Arxentina para asegurar ese posto o que daría un mellor rival na decisiva eliminatoria dos cuartos de final.