07/07/2021
O recoñecido e premiado grupo interpretará algúns dos temas que recolle no seu último traballo, xurdido en tempos de pandemia
Santiago, 07.07.2021.- O grupo galego
Triángulo de Amor Bizarro sobe esta noite ao escenario do
‘Galicia Emerxe’, instalado na Cidade da Cultura. A
G2, ás 22.55 horas, achegará este novo concerto desta banda de indie rock, noise rock e post-punk, formada por
Rodrigo Caamaño, Rafael Mallo, Zippo e a solista
Isabel Cea.
Nesta ocasión, o recoñecido e premiado grupo interpretará algúns dos temas que recolle no seu último traballo, o seu quinto disco de longa duración, que leva o nome da formación, ‘oɹɹɐzıqɹoɯɐǝpolnƃuɐıɹʇ’, e que xurdiu en tempos da pandemia. Neste álbum, Triángulo de Amor Bizarro transmite a través das súas cancións as súas emocións, con sons moi pop e distorsionados pola tecnoloxía.
Vinte cancións para os últimos vinte anos praza.gal - get the latest breaking news, showbiz & celebrity photos, sport news & rumours, viral videos and top stories from praza.gal Daily Mail and Mail on Sunday newspapers.