O mellor do deseño galego, na Coruña esta
Este Galicia Design Weekend ofrecerá conferencias, charlas e exposicións de artistas Cartel Galicia Design Weekend. Foto: GDW
A Coruña. O Galicia Design Weekend, festival de deseño pioneiro na comunidade, chega á Coruña o venres 30 e o sábado 31 de xullo cun formato híbrido, presencial e online, que reunirá o mellor do deseño galego xunto con referentes internacionais. #GDW21 vén de lanzar a súa web www.gdw.gal con toda a información sobre o evento e unha app propia que terá contidos durante todo o ano e servirá como plataforma de relación da comunidade GDW: público, colectivo creativo, institucións, patrocinadores, socias e organización. A app estará dispoñible nos próximos días nas principais plataformas.