Lorca como epicentro desta edición da Festa da Palabra La Voz OURENSE
Agostiño Iglesias
03 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
Hoxe • A partir das 12.00 horas • O Carballiño • O auditorio Nós da Insua dos Poetas acollerá este sábado unha nova edición, a número trece, da Festa da Palabra. Nesta ocasión o eixo central serán os «Seis poemas galegos» de Federico García Lorca. O espazo de natureza e cultura de Madarnás, en O Carballiño, será o escenario para as distintas actividades culturais. Ás 12.00 horas terá lugar a lectura dos poemas, seguida da actuación de Teo Cardalda. Ás 13.30 horas inaugurarase a escultura de Soledad Penalta, coa intervención do Orfeón do Carballiño. Áo rematar, arrancará a romaría das Letras Galegas, que amenizarán Os Serandeiros. E ás 19.00 horas dará un concerto A Banda da Loba.