O pregón de Violeta Mosquera, no Palco da Música da Alameda ao mediodía, servirá para iniciar oficialmente os festexos do verán en Pontevedra . Bala e Xabier Díaz abren, á noitiña, nove día de concertos non stop
Boiro pon en valor aos seus artistas locais no inicio das festas LAURA RÍOS / A. G. RIBEIRA / LA VOZ
04 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
As rúas da localidade de Boiro locen dende o venres as súas mellores galas con motivo das Festas do Verán. O programa lúdico comezou coas tradicionais salvas, coas que se abriron oficialmente as celebracións.
Pola noite, os artistas de The Lákazans foron os encargados de inaugurar os concertos. A actuación forma parte do proxecto Boiro Emerxe, unha iniciativa que conseguiu subir ao escenario aos representantes do arte boirense. Ademais do conxunto The Lákazans, polo escenario da praza de Galicia pasaron tamén Sonia Lebedinski, Paula Rego (de Agoraphobia) e Dolo Rei e Pablo Vázquez, do grupo Cachas and Cousins. Segundo os propios artistas, a asistencia foi moi positiva a pesar do mal tempo e no público notábanse as «ganas de concertos, de festa».