O audiovisual galego “aínda non chegou o seu teito”
Román Rodríguez salienta o moi bo momento do sector na súa visita á rodaxe da serie ‘Operación marea negra’ CULTURA. Cuarto pola dereita, o conselleiro Román Rodríguez, entre membros do equipo e outras autoridades.
Foto: C. Paz
Foto: Conchi Paz
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou na sede de Ficción Producciones a rodaxe da serie
Operación Marea Negra, que está a realizar a produtora galega xunto coa portuguesa Ukbar Filmes e coa colaboración de Amazon Prime Video. O proxecto, apoiado pola Xunta de Galicia con máis de 250.000 euros a través da convocatoria de subvencións á produción audiovisual, está inspirado na historia real do narcosubmarino interceptado nas costas galegas en 2019.