As festas do Apóstolo volven poñer en valor o traxe galego cun pasarrúas o 27 de xullo Rosa López (e.), Gonzalo Muíños e Pilar Astray, na presentación.
Foto: CdeS
Santiago. O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, acompañado pola presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray, e pola vicepresidenta da entidade, Rosa López, presentou onte unha nova edición do Día do Traxe Galego, unha desas citas que xa vai unida dende hai décadas ás festas do Apóstolo. De feito, esta é xa a edición número 42, e celebrarase o martes 27 de xullo. “A pandemia vai impedir que se faga o habitual desfile, pero aínda así será un día moi vistoso para celebrar e reivindicar o traxe galego. Haberá pasarrúas, misa solemne, recepción no Concello, certame de traxes, exhibición e un desfile adaptado ás circunstancias”, apuntou Muíños. ECG