“Queremos que se recoñeza o Vigo cultural e obreiro” Queremos que a xente recoñeza nas rúas e prazas a memoria popular, da sindical á cultural
Xurxo Martínez González e David Rodríguez Rodríguez.
–Como xurdiu a idea de faceren este libro, con esa estrutura tan orixinal que combina textos literarios con fotografías? –DAVID: A idea xurdiu hai bastante tempo,
inspirada nunha web de Mataró, na que se contaba a historia das clases traballadoras locais. Cando Xurxo e mais eu estabamos no colectivo “A Nave das Ideas “, pensamos facer algo semellante, pero a idea non se materializou. Tempo despois recuperámola con este formato a medio camiño entre literatura, ensaio, libro ilustrado e guía urbana.