Investigadores do CIMUS avanzan nos estudos contra o cancro de mama María Cebro (2º esq), xunto aos supervisores da súa tese.
universidade. Un grupo do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) identificou novos biomarcadores de cardiotoxicidade en pacientes con cancro de mama.
O traballo, tema central da tese defendida por María Cebro Márquez, ofrece unha mellor caracterización do paciente oncolóxico ás terapias potencialmente tóxicas e permite previr e minimizar os efectos adversos, optimizar o seu manexo, garantir unha maior calidade de vida, así como describir novas dianas terapéuticas.