Un futuro esperanzador na batalla contra o cancro
Cando empezamos o ciclo de conferencias
Avances do cancro, queriamos que a cidadanía tivese acceso a información moi actual do que se está facendo en investigación sobre o cancro a nivel mundial, de forma accesible, si, pero tamén que viñese da man do científicos e científicas galegos e españois que teñen un alto recoñecemento internacional na investigación sobre esta enfermidade. Neste senso, coido que o ciclo de conferencias cumpriu as expectativas que tiñamos inicialmente. Por un lado, conseguimos que, pese as súas axendas moi ocupadas, 11 científicos e científicas relevantes neste campo aceptasen participar nestas xornadas. E nesta lista están desde o descubridor do primeiro xen que induce cáncer en humanos, Mariano Barbacid, a científicos que, como Manuel Serrano, Manel Esteller ou Marisol Soengas, teñen descubertos procesos biolóxicos de alto interese, científico pero tamén terapéutico, para o coñe