comparemela.com

Latest Breaking News On - Luis feijoo - Page 1 : comparemela.com

Oda ó galego na homenaxe a Ramón Lorenzo en Ames

Oda ó galego na homenaxe a Ramón Lorenzo en Ames O acto celebrouse en Bertamiráns e nel foi recoñecida a traxectoria do lingüista amesá// Seu neto mais a súa filla pronunciaron un discurso louvando seu profesionalismo Imaxe do acto homenaxe celebrado no marco do Día de Galicia a Ramón Lorenzo Vázquez, catedrático en Filoloxía Galega. Foto: Concello de Ames O acto do Día de Galicia converteuse nun canto á nosa lingua, ao noso idioma e á nosa fala. A homenaxe que se celebrou no Pazo da Peregrina comezou coa música do Grupo Barahunda, que interpretou

O Delas Fest converteu a Ames na capital galega da arte urbana e o muralismo

O Delas Fest converteu a Ames na capital galega da arte urbana e o muralismo Celebrouse durante a pasada fin de semana e levou até o municipio de Bertamiráns un festival único en Europa A artista lucense, Doa Oa, realizando o mural sobre a rúcula silvestre en Bertamiráns. Foto: Concello de Ames O Concello de Ames acolleu por terceiro ano consecutivo a programación do primeiro festival de arte urbana con perspectiva de xénero de Europa. A principal pegada do paso do Delas Fest polo Concello de Ames é a intervención que a artista lucense Doa Ocampo Álvarez, coñecida artisticamente como Doa Oa, realizou nas paredes da Casa de Barbazán, na rúa travesía de Lodeiro en Bertamiráns. A figura central do mural é unha rúcula silvestre.

Ames promociona a saúde levando o baile, combat e ioga ás prazas do concello

Ames promociona a saúde levando o baile, combat e ioga ás prazas do concello É a nova campaña municipal para fomentar hábitos de vida saudables // As accións diríxense a todas as idades Carlos Amado, Luisa Feijóo e Rosana Martínez, no Pazo da Peregrina trala presentación da campaña Saúde nas prazas Foto: Concello de Ames O departamento de Promoción da Saúde, en colaboración coa empresa BeOne, pon en marcha o novo programa Saúde nas prazas. A través deste proxecto preténdese achegar e fomentar hábitos de vida saúdables á veciñanza de Ames, de todas as idades, dun xeito lúdico e divertido para coidar a saúde física e emocional. As actividades, que se desenvolverán sempre no mesmo horario, ás 20.30 horas, comezaron onte luns, 5 de xullo, e rematarán o vindeiro 31 de agosto.

Os amesáns de máis idade tamén teñen campamento propio durante este verán

Os amesáns de máis idade tamén teñen campamento propio durante este verán Arrancan neste mes unha serie de rutas polos espazos naturais do municipio // A actividade inaugurouse o pasado xoves cunha visita a Pontemaceira O campamento urbano sénior púxose en marcha o pasado día 1 deste mes cunha visita a Pontemaceira. Foto: Concello de Ames Durante este mes de xullo o programa Amessán reinvéntase unha vez máis e implementará, para os seus usuarios e usuarias, o Campamento urbano sénior, onde os participantes poderán coñecer o concello de Ames e desfrutar da actividade física ao aire libre por medio de rutas verdes espalladas polo termo municipal. A proposta xa foi inagurada o pasado xoves, 1 de xullo, cunha visita a Pontemaceira .

© 2024 Vimarsana

vimarsana © 2020. All Rights Reserved.